11 Dic

“Á Procura do Cogomelo-2009″ é un novidoso programa que Turgalicia, a Sociedade Pública de Promoción do Turismo de Galicia, pon en marcha en colaboración co sector do turismo rural.
O programa levarase a cabo entre os meses de setembro e decembro de 2009, como parte do plan galego de desestacionalización e de desenvolvemento de novas actividades complementarias para o turismo no espazo rural.
Este proxecto piloto desenvolverase en seis zonas do mapa galego: A Baixa Limia, Costa da Morte, Serra do Édramo, Área de Pena Trevinca, Mariña Lucense e Terra de Montes. Durante doce fins de semana celebraranse xornadas micolóxicas en cada unha das zonas seleccionadas, nas que se impartirá un cursiño teórico-práctico, podendo escoller os participantes o aloxamento que desexen optando por un dos case cincuenta establecementos rurais colaboradores. Más información aqui